pasteleriasselvi.es

Mina de wolframio






  32633 Baltar, Province of Ourense

 

Descripcion

Wikiloc | Ruta Gomariz (Baltar), tumbas antropomorfas, mina e penedos

Ruta Gomariz (Baltar), tumbas antropomorfas, mina e penedos de Senderismo en Gomariz, Galicia (España). Descarga el track GPS y sigue el recorrido del itinerario del sendero desde un mapa. Agradable percorrido polas terras da Limia. Feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-bicicleta-de-montana/roteiro-tumbas-minas-e-raina-loba-39977388 A ruta comeza na aldea de Gomariz (Baltar), nunha pequena área de lecer comunitaria. Comeza coincidindo coa sinalada como "Ruta da Mina". A apenas un quilómetro atopamos unha indicación para visitar unhas tumbas antropomorfas. Trátase da Necrópole da Penediña, da que non existen moitos datos. Parece ser que son altomedievais. O roteiro sepárase preto da citada Ruta da Mina, no punto sinalado cun waypoint. Probablemente sería interesante continuar por ela, xa que máis adiante volvémola cruzar. O percorrido seguido tampouco é desagradable. Máis adiante achamos unhas construcións dunha antiga explotación mineira, parece que de volframio... O propio xacemento non está indicado. A partir que aquí, e sempre subindo, entramos nunha zona de penedos e bolos graníticos con formas e disposicións moi suxestivas. Báixase logo cara outro val e coincídese co roteiro da Raíña Loba. Na aldea de Penalonga podemos aproveitar unha área acondicionada con fonte e lavadoiro, e unha mesa para comer o bocata. A carón está tamén unha modesta capela. Dende aquí seguimos baixando e pásase a carón da aldea de Covas. O descenso remata nunha zona de canteiras, unha das cales bordeamos, para iniciar a subida que nos permite retornar ao val do comezo. Dende o alto gozamos da excelente vista cara o monte do Castro e as aldeas de Vilamaior da Boullosa ou San Antoniño. Dende aquí, tomando pistas da concentración parcelaria ou estradas, retornamos ao punto de inicio. O trazado está limpo, en especial onde coincide coa Ruta da Mina. Ten unha parte por estradas, que aínda que non teñen tránsito, son un demérito (ao meu parecer) para o percorrido. O desnivel non é desprezable pero si asumible por calquera persoa medianamente preparada para camiñar polo monte. As paisaxes son moi fermosas, especialmente nesta época de primavera. Posiblemente no outono tamén o sexan. Non parece unha ruta indicada para días de forte sol e calor por ir bastante descuberta.